Cargando resultados...
A Valedora do Pobo recibiu 19.544 queixas, 7.000 máis ca no primeiro ano da pandemia
A Valedora do Pobo recibiu 19.544 queixas, 7.000 máis ca no primeiro ano da pandemia
A consellería que máis queixas concentra é a de Sanidade
G24.gal
20/06/2022 14:53
A institución do Valedor do Pobo recibiu 19.544 queixas o ano pasado, case sete mil máis ca no primeiro ano da pandemia.
É un dos principais datos que recolle o informe que a valedora, María Dolores Fernández Galiño, lle entregou ao presidente do Parlamento.
Fernández Galiño puxo o foco nas desigualdades e na discriminación que afectan ás mulleres, aos maiores e aos máis vulnerables.
A consellería que máis queixas concentrou foi a de Sanidade con preto de nove mil; a maioría relacionadas coa pandemia.