Cargando resultados...
A sanidade e o emprego público encabezaron as queixas á Valedora do Pobo no 2023
A sanidade e o emprego público encabezaron as queixas á Valedora do Pobo no 2023
No seu informe do ano 2023, a institución detalla que abriu 16.400 expedientes e emitiu 649 resolucións
G24.gal
13/09/2024 14:21
A Valedora do Pobo deu a coñecer o informe da institución correspondente a 2023. Recolle un total de 16.400 expedientes, sobre os que a valedora emitiu 649 resolucións, un 29 por cento máis ca o ano anterior.
Dolores Fernández Valiño explicou os principais motivos de queixa dos reclamantes: "Sanidade, co 22 %, emprego público e traballo cun 12 %, e inclusión social co 10 %. En definitiva, falamos dos alicerces do estado de benestar, xunto coa educación e a vivenda", detallou a valedora, que lle entregou o informe ao presidente do Parlamento de Galicia.