A Valedora do Pobo pide lexislar sobre a violencia económica que sofren as mulleres

María Dolores Fernández Galiño tamén reclama unha maior visibilización das vítimas de violencia machista que non teñen relación sentimental co seu agresor

G24.gal 24/11/2023 09:04

A Valedora do Pobo pídelle ás Administracións mellorar a lexislación sobre a violencia económica que sofren moitas mulleres. Nunha entrevista no Galicia por diante, María Dolores Fernández Galiño sinala que "moitas veces está invisibilizada, pero moi implantada (...) Impídeselles ás mulleres ben saír traballar, ben administrar incluso o que elas gañan, non poden tomar ningunha decisión económica". Iso impídelles, di, saír do círculo da violencia, ante a dependencia do seu agresor.

Na véspera do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Valedora pediu tamén maior visibilización dos asasinatos machistas en que as vítimas non tiñan relación sentimental co seu agresor. Só o ano pasado foron asasinadas en España 34 mulleres nesas circunstancias.

Fernández Galiño apuntou ademais a conveniencia de mellorar o sistema VioGén de protección ás vítimas, para o que pediu que se teñan en conta as achegas que poidan facer as mulleres que pasaron por el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade