Publicador de contidos
Publicador de contidos

A veciñanza do barrio cambadés de San Tomé reclama a instalación dun semáforo

A veciñanza do barrio cambadés de San Tomé reclama a instalación dun semáforo

A Policía Local regula o tráfico en horario escolar, pero o resto do tempo a xente ten medo de cruzar

Quéixanse de que os coches non respectan o paso de peóns nin o límite de velocidade de 30 quilómetros por hora

G24.gal 22/09/2024 18:04

A veciñanza de San Tomé, no concello de Cambados, pide a instalación dun semáforo no treito da estrada PO-550 que pasa polo barrio e vai ao Grove.

Din que é un cruzamento perigoso, con moito tráfico, e quéixanse de que a maioría dos coches non respecta o paso de peóns nin o límite de velocidade de 30 quilómetros por hora.

Nesta mesma avenida hai outros semáforos, pero a veciñanza di que este cruzamento é especialmente transitado polos peóns, xa que hai un colexio ao final desta rúa que remata na avenida.

Coincidindo coa entrada e a saída do colexio, a Policía Local regula o tráfico, pero o resto do tempo a xente ten medo de cruzar.

A veciñanza di que hai un factor engadido que complica o tráfico, xa que están facendo obras na avenida para renovar a rede de saneamento e construír novas beirarrúas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade