A vila de Samos conta con dous caixeiros automáticos para 250 veciños
A vila de Samos conta con dous caixeiros automáticos para 250 veciños
Os dispositivos substitúen a única oficina que quedaba, pechada hai dous anos
Os principais usuarios dos caixeiros son os peregrinos
Tres rúas e menos de 250 habitantes. Así de pequena é a vila de Samos, malia contar cun dos mosteiros máis importantes de Galicia. Hai dous anos que pechou a única oficina de banca que había e a solución para ter servizos financeiros foi instalar, non un, senón dous caixeiros automáticos separados por apenas 50 metros. Os veciños preferirían a oficina pero adáptanse ás circunstancias.
"Ven moita xente da zona e o caixeiro sempre ten algo de movemento".
"A xente maior non se dá ben cos caixeiros".
Pero, máis que para prestar servizo aos de Samos, os caixeiros foron colocados para atender os milleiros de peregrinos de todas as nacionalidades que pasan cada ano pola vila. De feito, os veciños desprázanse a Sarria para as xestións bancarias ou á oficina de Triacastela, que abre dúas veces á semana.
"Polo camiño só vimos unha oficina en Triacastela".
"Eu prefiro a oficina para todas as xestións".
Máis do 40 % dos veciños de Samos son maiores de 65 anos, polo que tampouco se desenvolven con facilidade nos caixeiros.