Cargando resultados...
A volta á casa sae máis cara coa suba dos carburantes durante o verán
A volta á casa sae máis cara coa suba dos carburantes durante o verán
Os combustibles encareceron dende a operación saída
G24.gal
02/09/2023 13:20
Última actualización 02/09/2023 13:37
Nesta operación retorno, dende o venres ata o domingo, haberá uns 6.800.000 desprazamentos de longo percorrido, segundo a DXT.
Os mesmos que marcharon de vacacións a principios de xullo pagarán agora unha media de dez euros máis por encher o depósito do seu coche se é diésel, e sete euros máis se é de gasolina, despois de oito subas consecutivos no prezo dos carburantes.
Actualmente o prezo da gasolina sitúase ao mesmo nivel que a finais de xuño do 2022, en plena crise enerxética tras a invasión rusa en Ucraína, pero daquela estaba vixente a bonificación dos 20 céntimos por litro aprobada polo Goberno.
Malia estes datos, o prezo dos carburantes están algo por debaixo da media da eurozona.