Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xira mundial de Guns N' Roses pasará por Vigo este verán

A xira mundial de Guns N' Roses pasará por Vigo este verán

O concerto terá lugar o 12 de xuño no estadio de Balaídos

A banda actuará tamén o día 9 dese mesmo mes en Madrid

@gunsnroses @gunsnroses
G24.gal 21/02/2023 17:02

A banda Guns N' Roses sairá de xira mundial durante este ano. E unha das súas paradas será na cidade de Vigo o vindeiro 12 de xuño. Concretamente no estadio Balaídos, onde o grupo ofrecerá o seu concerto. 

Ademais, antes de chegar a Vigo, a banda actuará o día 9 dese mesmo mes en Madrid, no estadio Metropolitano.

A venda xeral de entradas arrinca este venres, 24 de febreiro, a través da web de Live Nation, os seus distribuídores oficiais e a páxina oficial do grupo. 

Outras cidades

A veterana banda de rock percorrerá outras cidades do vello continente como Copenhague (15 de xuño, Gasspop Metall Meeting), Oslo (21 de xuño, Tons of Rock), Londres (30 de xuño, Hyde Park), Roma (8 de xullo, Circo Massimo) ou Atenas (22 de xullo, Estadio Olímpico), a súa última parada antes de poñer rumbo a América do Norte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade