A xuíza imputa a Gerard Piqué pola concesión da Supercopa a Arabia
A xuíza imputa a Gerard Piqué pola concesión da Supercopa a Arabia
A xuíza que investiga o traslado da Supercopa de fútbol a Arabia Saudí citou como investigado ao ex futbolista e empresario Gerard Piqué. Considera que podería ter pactado unha comisión anual de 4 millóns por ese acordo.
Fontes xurídicas confirmaron esta decisión que investiga a presunta corrupción na RFEF na época de Luís Rubiales. Un dos contratos dos que sospeita a xuíza é o que levou a Supercopa a Arabia logo dos acordos asinados en 2019 e prorrogados un ano despois entre a RFEF e a empresa saudí Sela, nos que se fixaba unha prima en favor da empresa Kosmos, con Gerard Piqué á fronte.
A xuíza destaca unha cláusula do contrato polo que a RFEF trataba de garantir o pagamento de 4 millóns de euros anuais de comisión en favor de Kosmos "aínda cando esta empresa formalmente sería a comisionista de Sela".