Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gerard Piqué despídese do fútbol cunha expulsión por insultar o colexiado

Gerard Piqué despídese do fútbol cunha expulsión por insultar o colexiado

A acta do partido recolle este insulto: "É unha puta vergoña, me cago na túa puta nai"

G24.gal 09/11/2022 13:09 Última actualización 09/11/2022 13:19

Gerard Piqué, defensa do Barcelona, foi expulsado este martes ao descanso do partido contra Osasuna no Sadar por dicirlle a Jesús Gil Manzano, colexiado do encontro, que é "o árbitro que máis fodeu" ao conxunto azulgrana "con diferenza", segundo redactou este na acta, na que engadiu que o citado futbolista, unha vez sancionado, tamén lle dixo: "É unha puta vergoña, me cago na túa puta nai!".

Ao termo do primeiro tempo, Piqué saltou do banco ao terreo de xogo no intermedio para protestar ao árbitro, que seguiu o seu camiño cara ao túnel de vestiarios.

"No minuto 45, Gerard Piqué foi expulsado polo seguinte motivo: Unha vez finalizado o primeiro tempo, estando xa no interior do túnel de vestiarios, por dirixirse a min nos seguintes termos: "Viches que córner pitáches? Es o árbitro que máis nos fodeu con diferenza", escribiu na acta, publicada na páxina web oficial do Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Fútbol.

Era o partido de despedida do central do Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar