Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta agarda que Bruxelas revise o veto á pesca de fondo a finais de 2023

A Xunta agarda que Bruxelas revise o veto á pesca de fondo a finais de 2023

O Conselleiro do Mar defende o repartimento de capturas plurianual, que optimizará a planificación do sector pesqueiro

O Goberno Galego aposta a descarbonización da frota de xeito gradual e sempre que se conte cos recursos necesarios

G24.gal 29/06/2023 11:29

Este xoves, despois de levar quince días no cargo, entrevistamos na RG a Alfonso Villares, á fronte da Consellería do Mar, sucedendo a Rosa Quintana.

O titular de Pesca manifestou que afronta a súa nova encomenda á fronte da consellería con ilusión e moitas ganas, ao tratarse, puntualizou, dun traballo "moi motivante e identitario para Galicia". Neste sentido, trasladou que xa mantivera os primeiros contactos con representantes do sector coa fin de mellorar a pesca galega.

Falando das problemáticas actuais do sector, o titular do Mar referiuse ao veto medioambiental á pesa imposto por Bruxelas a comezos de ano. Alcarou Villares que a Xunta está a favor das políticas mediambientais, pero neste caso, opina, as decisións da Comisión Europea son "esaxeradas" e desbotan as consecuencias que terán para o sector pesqueiro.

"Temos que dar a entender ao comisionado que hai moitas persoas que viven do mar que non poden ser alteradas polas decisións medioambientais 'esaxeradas' que está tendo Europa", explica.

En relación a este asunto, a Xunta agarda unha nova revisión do veto contra fina de ano ou comezos de 2024, e que entón se produzan cambios. 

Repartimento plurianual

Vilares defendeu a medida do repartimento de capturas de forma plurianual, a partir de 2024. O Conselleiro agradedeu a sintonía do Goberno Central en relación a esta proposta, porque, insistiu, axudará a que os profesionais da pesca poidan planificar mellor o seu traballo.

Descarbonización da frota

O Conselleiro de Pesca tamén se pronunciou sobre o paso dos combustibles fósiles na flota galega a outras enerxías alternativas. Villares criticou que neste momento se están plantexando reformas sen contar con alternativas que fagan efectiva a remuda. 

Remarca que eses cambios hai que facelos "con sentido común", porque supoñen unha gran inversión para os patróns e se finalmente non son viables, poderían poñer en perigo o mantemento da frota.

"O cambio na descarbonización ten que ser moi gradual e cando se vexa que existen alternativas para poder facelo", incidiu.

Lei do litoral

Por último, defendeu a Lei de ordenación do litoral de Galicia, como garante da supervivencia das empresas da comunidade que hoxe traballan en dominio público marítimo terrestre. 

Villares insistiu novamente en que Galicia ten competencias para lexislar sobre a súa costa, tal e como recolle o Estatuto de Autonomía, e agarda que o Goberno central non bote para atrás a norma unha vez sexa aprobada no Parlamento Galego. 

O Conselleiro rematou a súa conversa agradecendo o traballo a todo o equipo humano que conforma actualmente o departamento do Mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade