Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta alerta os seus funcionarios por risco moi alto de ciberataque

A Xunta alerta os seus funcionarios por risco moi alto de ciberataque

Recibiu o aviso dun centro adscrito ao CNI tras a invasión de Ucraína

G24.gal 26/02/2022 19:50

A Xunta alertou este sábado a todos os seus traballadores dun risco moi alto de ciberataque.
A Administración galega recibiu un aviso dun centro adscrito ao CNI tras a invasión rusa de Ucraína e xa lles transmitiu a alerta a todos os funcionarios.

Ese ciberataque masivo podería producirse dun xeito inminente e, segundo a alerta que a Xunta lles transmitiu aos seus traballadores, existiría o risco de que alguén lles roube a súa identidade dixital.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade