Cargando resultados...
A Xunta anuncia axudas para compensar as mortes de vacas pola EHE
A Xunta anuncia axudas para compensar as mortes de vacas pola EHE
Galicia conta xa con 13 focos e unhas 700 reses con síntomas pendentes de confirmación
As axudas da Xunta terán carácter retroactivo e esixirán certificar que a vaca morreu por EHE
G24.gal
27/10/2023 14:34
A Xunta anuncia axudas para os gandeiros afectados pola chamada covid das vacas. Unha enfermidade que vai gañando terreo e chega á provincia de Pontevedra, coa primeira morte en Vila de Cruces.
Galicia conta xa con 13 focos e unhas 700 reses con síntomas pendentes de confirmación. O conselleiro do Medio Rural insistiu en que é unha enfermidade de baixa afectación, e adiantou que haberá compensacións aos gandeiros para cubrir as perdas pola morte de vacas.