Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta anuncia novas axudas para entidades do ámbito da discapacidade

A Xunta anuncia novas axudas para entidades do ámbito da discapacidade

A conselleira de Política Social visita Aceesca, no Porriño que vai construír un novo centro residencial con 48 prazas 

A conselleira destacou o traballo que realiza esta entidade do Porriño
G24.gal 17/01/2023 13:00

A Xunta reafirma o apoio ás entidades que actúan no ámbito da discapacidade e anuncia unha nova liña de axudas para a construción e remodelación de centros de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros. 

A conselleira de Política Social, Fabiola García visitou esta mañá a asociación Aceesca no Porriño, que traballa con persoas con diversidade intelectual e que vai ser unha das dez entidades que se beneficien desta nova orde de axudas. Cos dous millóns que vai recibir, Aceesca creará un novo centro residencial de 48 prazas.  

Fabiola García tamén informou que 80 entidades poderán optar ás achegas de 3,6 millóns de euros para a adquisición de vehículos adaptados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos