Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta aproba 17 millóns de euros para axudas á compra de libros e material escolar

A Xunta aproba 17 millóns de euros para axudas á compra de libros e material escolar

Para a compra de material escolar haberá tres tipos de vales: un de 60 euros para rendas entre seis mil e dez mil euros, de 75 euros para rendas inferiores a seis mil euros e de 75 euros para alumnos de educación especial

Canto aos libros, a Xunta renovará o fondo solidario que hai a disposición do alumnado nos centros

G24.gal 29/04/2024 14:07

Galicia manterá un curso máis as axudas en vigor dos últimos anos para apoiar as familias na volta ao cole. Para a compra de material escolar haberá tres tipos de vales: un de 60 euros para rendas entre seis mil e dez mil euros, de 75 euros para rendas inferiores a seis mil euros e de 75 euros para alumnos de educación especial.

Canto aos libros, a Xunta renovará o fondo solidario que hai a disposición do alumnado nos centros. No caso dos cursos en que non se poden usar eses libros, as axudas para a compra serán de entre 160 euros e 300, segundo a renda ou se se trata de educación especial. 

A Xunta destinará a estas medidas unha achega de 17 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade