Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta aproba a convocatoria de 106 prazas para atención primaria

A Xunta aproba a convocatoria de 106 prazas para atención primaria

Os MIR poderán acceder ao posto por un concurso oposición

G24.gal 24/03/2022 15:21

O Consello da Xunta aprobou este xove na súa reunión semanal, que se celebrou en Pontevedra, oferta pública de emprego extraordinaria en Galicia para suplir a falta de médicos de familia con 106 prazas. A esta convocatoria poderán presentarse todos os MIR para esta especialidade, mesmo os que rematen en maio.

"A decisión que acabamos de tomar é a primeira na historia da Sanidade: unha persoa que acreditou pasar o exame MIR, cando finaliza a especialidade, pode mediante un concurso de méritos, sen oposición, obter unha praza indefinida", explicou o presidente da Xunta.

No eido sanitario Feijóo tamén anunciou a compra de catro aceleradores lineais, dos que dous irán para o novo hospital de Pontevedra. O presidente reiterou os compromisos da Xunta coa cidade, como a construción dunha nova residencia de maiores, vivendas de promoción pública ou as melloras na mobilidade con novos aparcadoiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade