Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta avanza un novo teito de gasto de récord a pesar da "decepción" co Goberno

A Xunta avanza un novo teito de gasto de récord a pesar da "decepción" co Goberno

O conselleiro de Facenda criticou que a ministra fale de récord nas entregas a conta para o próximo ano

G24.gal 16/07/2024 13:54

O conselleiro de Facenda e Administracións Públicas Miguel Corgos avanzou este martes que a Xunta prevé aprobar a finais deste mes o teito de gasto para o próximo ano, que deberá ser referendado posteriormente polo Parlamento, cunha cifra que será máis elevada que o ano actual, o que implica un novo récord.

O ano pasado, xa en outubro e non no verán como é habitual, o Parlamento, cos votos do PP, fixou o teito de gasto non financeiro en 13.257 millóns de euros para este ano 2024, unha cifra que volverá ser superada para 2025, confirmou Corgos.

Nunha converencia de prensa, o conselleiro mostrou a súa "decepción" co Goberno tras o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) celebrado onte luns en Madrid, xa que, entre outras cuestións, a ministra foi incapaz de concretar as entregas a conta e os recursos que prevé entregar a cada comunidade autónoma.

Corgos explicou que esta falta de concreción, que dixo esperar que se resolva o máis axiña posible, non impedirá que Galicia, como fixo outros anos, aprobe o seu teito de gasto conforme ás súas previsións e ao escenario financeiro que prevé, polo que a finais de xullo este tema quedará resolto.

En calquera caso, o conselleiro criticou que a ministra de Facenda María Jesús Montero falase onte de récord nas entregas a conta para o próximo ano, cunha alza do 9,4 %.

Isto é así, dixo Corgos, porque a ministra unicamente deu o dato que lle interesa, ao non restar desa previsión as liquidacións, a diferenza entre o recadado e o recibido, e porque esa porcentaxe se refire ao conxunto das autonomías.

Segundo o conselleiro, a porcentaxe total de recursos oscilará entre un 2 e un 3 %, o que tampouco quere dicir que o teito de gasto se mova nesas porcentaxes, xa que o escenario prevé tamén os fondos europeos e outros recursos.

É máis, esta semana comunicará ao presidente da Xunta Alfonso Rueda os distintos escenarios que manexa a Consellería e conforme a eles aprobarase finalmente o teito de gasto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos