A Xunta busca o retorno de 30.000 emigrantes ata 2026
A Xunta busca o retorno de 30.000 emigrantes ata 2026
Unha das respostas ao reto demográfico en Galicia é favorecer o dereito á volta dos fillos e dos netos dos galegos na diáspora
O Goberno galego duplica axudas destinadas aos retornados
Do medio millón de galegos no exterior, hoxe o 75 % son de 2ª e 3ª xeración, e a eles, aos máis novos, diríxese en especial esta estratexia.
Neto de galegos emigrados ao Brasil a finais dos 50, Marcelo ten 40 anos e é enxeñeiro informático. Está, por idade, moi próximo á media das persoas que veñen a Galicia nos últimos anos. Non o pensou dúas veces cando se lle presentou a oportunidade de volver á que considera a súa terra.
"E despois veu unha prima, e despois outro compañeiro da casa de Galicia, despois outro... curiosamente era o que pasaba cando emigrou o meu avó", explica Marcelo Daparte.
Ese valor para repetir a experiencia cruzar o Atlántico pero en sentido contrario ao que fixeron os seus antepasados. Regresar de calquera dos máis de 40 países onde está esparexida a nosa emigración permitiu que Galicia conseguira un saldo migratorio de +12.000 no primeiro semestre. Compensa así o saldo vexetativo, de -10.000. E a poboación total medra en 2.000 habitantes.
"Nós o que queremos poder aproveitar caudal de coñecemento que á a presenza galega e tantos países do mundo para incorporalo á nosa sociedade, porque teñen dereito a volve e porque nos pode axudar a afrontar ese reto demográfico que temos por diante", dixo Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración.
Na acollida dos emigrantes ata 2026 vanse investir 50 millóns en axudas específicas que inclúen subvencións, información e asesoramento.