Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta celebra que turismo se recupera "a marchas forzadas"

A Xunta celebra que turismo se recupera "a marchas forzadas"

Alfonso Rueda cualifica como "espectaculares" os datos de ocupación

G24.gal 29/10/2021 17:02

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou os "espectaculares" datos de ocupación turística que está a lograr a Galicia na segunda metade do ano, que demostran que o sector se recupera "a marchas forzadas".

Rueda sinalou que Galicia logrou superar as "boas expectativas" que había e, con preto de 3 millóns de viaxeiros, situouse, segundo apuntou, como a segunda comunidade con maior número de pernoitas. No total de viaxeiros, engadiu, Galicia ocupa a terceira posición.

"Galicia está de moda"

"Galicia está de moda e seguirá estando de moda", sinalou Alfonso Rueda, que confía en que estes datos melloren en 2022.

Rueda subliñou que "nos move a esperanza" para avanzar na recuperación dun sector tremendamente castigado pola pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade