Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta concorda que a xudicial é a única vía para obter os bens de Meirás

A Xunta concorda que a xudicial é a única vía para obter os bens de Meirás

O conselleiro de Cultura celebra que o Goberno atendera unha das súas peticións tras o recurso presentado pola Avogacía do Estado para reclamar outros 564 bens

G24.gal 22/09/2022 10:58

A Xunta de Galicia aproba a decisión da Avogacía do Estado de reclamar xudicialmente outros 564 bens do Pazo de Meirás. O conselleiro de Cultura Román Rodríguez celebra que o Goberno atendese unha das súas peticións. A Xunta coincide en que a vía xudicial é o único camiño que lles queda para evitar que a familia Franco poida dispoñer deles. 

"Quedou acreditado que a única fórmula, o único camiño para que os bens do interior do Pazo de Meirás pasen a ser bens públicos é a vía xudicial e unha reclamación pola vía civil", di o conselleiro.

A Avogacía do Estado nesa reclamación da propiedade doutros 564 bens, solicitou medidas cautelares para que eses mobles non poidan saír do interior do Pazo mentres se decide de quen son. 

Fontes da Avogacía aclaran que estes ben non foran incluídos na primeira demanda pola negativa da familia do ditador Francisco Franco a permitir o acceso ao pazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade