Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta convoca 195 prazas de oposición para a Administración pública

A Xunta convoca 195 prazas de oposición para a Administración pública

Entre o 20 de setembro e o 19 de novembro celebraranse a segundas probas dos procesos de oposición en marcha

G24.gal 29/06/2023 14:28

A Xunta de Galicia oferta 195 novas prazas de emprego público. 47 de promoción interna e 148 de acceso libre. A maior parte das prazas son para orientadores laborais. Pero tamén hai para condutores, técnicos de sistemas e tecnoloxía informática, inspectores turísticos, letrados ou para a escala superior de estatística.

O Consello da Xunta aprobou tamén as datas en lugares de celebración para os procesos selectivos que xa están en marcha. Están pendentes máis de mil aspirantes que se presentaron a 24 procesos selectivos. Serán entre o 20 de setembro e o 19 de novembro.

Noutros acordos, a Xunta vai destinar sete millóns de euros para negocios ou pemes que levan menos de tres anos en activo. Tamén se prorroga ata xaneiro de 2024 os descontos para o transporte público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade