Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta convoca representantes dos bombeiros comarcais en folga a unha reunión este xoves

A Xunta convoca representantes dos bombeiros comarcais en folga a unha reunión este xoves

Preto de 500 bombeiros comarcais de arredor de 25 parques das catro provincias, con consorcios ao 50 % de Xunta e deputacións, están chamados a secundar unha folga indefinida

Xuntanza dos sindicatos do sector Xuntanza dos sindicatos do sector
G24.gal 22/06/2023 10:49

A Xunta convocou representantes dos bombeiros de parques comarcais que se atopan en folga indefinida en toda Galicia a unha reunión este xoves, 22 de xuño, en Santiago de Compostela.

O encontro previsto celebrarase pola mañá na sede da Dirección Xeral de Emerxencias, cunha participación de seis sindicalistas dos bombeiros.

Os bombeiros comarcais comezaron o pasado 15 de xuño unha folga indefinida para reclamar que se cumpra unha sentenza do Tribunal Supremo do ano pasado para a conversión a persoal laboral fixo dos efectivos, á vez que demandan un convenio autonómico coas mesmas condicións para os traballadores, unido á mellora de medios e aumento de persoal.

Preto de 500 bombeiros comarcais de ao redor de 25 parques das catro provincias, con consorcios ao 50 % de Xunta e deputacións, están chamados a secundar unha folga indefinida autonómica que deixou varios parques pechados nos últimos días debido á negativa dos profesionais para realizar horas extra para evidenciar o persoal insuficiente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos