A Xunta convoca oposicións para cubrir 331 prazas de emprego público
A Xunta convoca oposicións para cubrir 331 prazas de emprego público
Son 134 prazas no ámbito dos servizos, e no ambiental e dos recursos naturais e forestais convócanse 161 prazas
A Xunta de Galicia acaba de convocar oposicións para cubrir 331 prazas de emprego público na Administración galega, segundo a convocatoria de nove procesos selectivos que publica este martes o Diario Oficial de Galicia.
O total de prazas convocadas distribúense da seguinte forma: por unha banda, 134 prazas no ámbito dos servizos, con 117 prazas na especialidade de limpeza e cociña e 17 na escala técnica de mantemento de servizos.
No ámbito ambiental e dos recursos naturais e forestais convócanse 161 prazas: 96 postos na escala técnica de xestión ambiental, 42 na agrupación profesional para a especialidade de recursos naturais e forestais, 16 na escala auxiliar de recursos naturais e forestais para a especialidade de oficial, e 7 prazas na escala técnica de recursos naturais e forestais na especialidade de capataz.
Ademais, convócanse 15 prazas para a escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos; 12 prazas para a escala técnica de análise de laboratorio e outras 9 para a escala técnica de delineantes.