Cargando resultados...
A Xunta convocará prazas concertadas de atención á discapacidade
A Xunta convocará prazas concertadas de atención á discapacidade
A conselleira de Política Social di que tratarán de achegar os servizos que precisan estas persoas nos seus domicilios
G24.gal
28/06/2022 12:42
A Xunta anuncia a convocatoria das primeiras prazas concertadas de atención á discapacidade.
A conselleira de Política Social dixo na cámara galega que se trata dunha vella reivindicación das entidades sociais e que o obxectivo non é outro que achegar os servizos que precisan estas persoas aos seus domicilios.
Os grupos da oposición criticaron a perspectiva asistencialista da Xunta e reclamaron máis recursos e que se cumpra a Lei de accesibilidade.