A Xunta conxela por segundo ano consecutivo as peaxes das autoestradas de titularidade autonómica
A Xunta conxela por segundo ano consecutivo as peaxes das autoestradas de titularidade autonómica
Vázquez resaltou que é unha medida que "xa aplicou e volve aplicar" o Goberno galego, e que afecta a AG-55 (A Coruña-Carballo) e a AG-57 (Vigo-Baiona)
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou que a Xunta manterá por segundo ano consecutivo a conxelación das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica, cunha partida de 5,5 millóns prevista nos orzamentos do seu departamento para o ano que vén.
Na presentación das súas contas na comisión de economía do Parlamento, A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou que a Xunta manterá por segundo ano consecutivo a conxelación das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica, cunha partida de 5,5 millóns prevista nos orzamentos do seu departamento para o ano que vén.
Na presentación das súas contas na comisión de economía do Parlamento, Vázquez resaltou que é unha medida que "xa aplicou e volve aplicar" o Goberno galego, e que afecta a AG-55 (A Coruña-Carballo) e a AG-57 (Vigo-Baiona). Segundo a conselleira, son 5,5 millóns para bonificacións e conxelación de peaxes de autoestradas autonómicas que beneficiarán a "case 28.000 usuarios cada día", e que enmarca na loita contra a inflación.