Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta coordina cos concellos e a empresa a limpeza de 'pellets' das praias

A Xunta coordina cos concellos e a empresa a limpeza de 'pellets' das praias

O BNG reclama á Xunta e ao Estado unha actuación inmediata para retirar as bolas de plástico

G24.gal 05/01/2024 12:04

A Consellería do Mar asegura que está en permanente contacto cos concellos da costa en que están aparecendo pellets de plástico. O material procede dun barco que perdeu parte da súa carga hai case un mes fronte ás costas portuguesas e están chegando agora ao litoral.

A Xunta está en contacto tamén coa delegación do Goberno e ten activado o plan de continxencias por contaminación mariña para recuperar o material o máis axiña posible, unha tarefa que terá que pagar a empresa causante. 

Segundo os especialistas, é moi difícil recuperar ese material do mar. Din que a limpeza debe facerse na costa a medida que vai chegando. 

A consellería do Mar coordina cos concellos eses labores de limpeza e tamén coa empresa navieira do barco.

O BNG reclama á Xunta e ao Estado unha actuación inmediata para retirar os pellets

O BNG esixiu a "actuación inmediata" do Estado e a Xunta na limpeza das praias galegas ás que chegaron os pellets.

O BNG denuncia a emerxencia ambiental provocada por esta vertedura nun momento no que “a situación é gravísima” pola dificultade para a limpeza de partículas tan pequenas, que se mesturan coa area fai e que “máis necesaria aínda toda a axuda posible das administracións”.

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Parlamento nun momento no que os concellos están, din, “sós” nas tarefas de limpeza.

Ecoloxistas piden un estudo sobre o impacto medioambiental

A organización ecoloxista SEO/BirdLife alertou obre os efectos dos pellets chegados á costa galega sobre as aves mariñas xa que na zona está a maior poboación reprodutora de Galicia de píllara papuda, especie catalogada como vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Ademais, sinala o comunicado, a zona comprometida ten importantes valores ambientais, xa que no municipio Ribeira está o Parque Natural de Corrubedo, con importantes praias, lagoas e a gran duna, espazos que acollen unha importante variedade de aves acuáticas invernantes.

Por iso, a ONG solicita que haxa un control e estudo dos posibles impactos que pode ter esta vertedura sobre a biodiversidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade