Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta critica que Stellantis Vigo non sexa beneficiaria das axudas do Perte VEC

A Xunta critica que Stellantis Vigo non sexa beneficiaria das axudas do Perte VEC

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións considera que se está "discriminando a automoción galega"

G24.gal 22/03/2024 18:19

A Xunta critica que a factoría de Stellantis en Vigo siga sen beneficiarse das axudas do Perte, o Proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica, do vehículo eléctrico conectado, VEC, despois da resolución provisional da sección B da segunda convocatoria.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, considerou que "de novo se discrimina a automoción galega" ao non aparecer Stellantis Vigo como beneficiaria.

A Xunta lembra o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e ao Partido Socialista, que na campaña das autonómicas galegas, e hai "dúas semanas na feira do automóbil" de Vigo, que expresasen o seu "compromiso" sobre que a fábrica de Stellantis en Galicia ía entrar no Perte VEC.

"É unha decepción absoluta co alcalde de Vigo, o Partido Socialista e o Goberno central, que están a faltar á súa palabra e non están a cumprir o compromiso con Vigo", indicou a conselleira nun audio remitido aos medios de comunicación.

Lorenzana urxiu a que "inmediatamente se arranxe unha discriminación" coas empresas galegas de automoción porque "só percibiron un 2 % do total dos fondos destinados aos Perte VEC".

A titular de Economía e Industria pediu aos socialistas e a Caballero que "se deixen de promesas falsas". "Menos falar e máis actuar. As empresas non viven das palabras do alcalde ou promesas electorais senón de investimentos", incidiu.

Lorenzana dixo que a Xunta vai seguir "traballando por conseguir que cheguen as maiores cantidades de diñeiro para o sector" e avanzou que na primeira quincena de abril está previsto que se resolva a convocatoria aberta, duns 19 millóns de euros en total, para proxectos de fábrica intelixente, unha liña á que cursou solicitude un consorcio no que está Stellantis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade