A Xunta cualifica de errática e improvisada a decisión do Goberno sobre As Pontes
A Xunta cualifica de errática e improvisada a decisión do Goberno sobre As Pontes
Pide certezas para os traballadores e o futuro das instalacións
O vicepresidente económico da Xunta cualifica de errática e improvisada a decisión do Goberno sobre As Pontes. Francisco Conde reclama certezas para os traballadores e o futuro das instalacións.
"Asistimos a un capítulo máis desta improvisación enerxética por parte do Goberno. O único que agardamos neste momento son certezas. Certezas para os traballadores, para os proxectos en que vimos traballando durante os últimos anos e, sobre todo, certeza sobre cal vai ser o papel que vai ter España na transición enerxética", dixo Conde.
Conde fixo estas declaracións tras reunirse na Coruña cunha delegación da Comisión de Industria do Parlamento Europeo. Salientou o compromiso da Xunta cunha transición enerxética planificada e xusta que teña en conta o impacto no emprego e abra novas oportunidades industriais.
No encontro tamén participou a alcaldesa da Coruña. Inés Rey pediu que se teña en conta o papel dos concellos no referente a mobilidade.