Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta pide ao Goberno que pare os 'pellets' no mar antes de chegar a terra

A Xunta pide ao Goberno que pare os 'pellets' no mar antes de chegar a terra

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, solicita que o Estado poña os medios mariños e aéreos dos que dispón para interceptar no óceano os sacos que conteñen as bólas de plástico

A Administración galega responsabiliza ao Goberno da vertedura por non actuar hai un mes

G24.gal 10/01/2024 10:16 Última actualización 10/01/2024 15:20

A vicepresidenta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, defendeu que a responsabilidade do Estado é saír ao paso da chegada dos sacos con granulados no mar antes de que estes rompan e as boliñas de plástico acaben no litoral.

"Xa non hai escusas", dixo Vázquez, "o nivel de alerta dous xa está activado", e instou ao Goberno a poñer todos os medios dos que dispón, marítimos e aéreos, para tratar de localizar os restos desa vertedura e interceptar eses sacos.

Respecto á dificultade dese traballo, Ánxeles Vázquez dixo que "os sacos flotan" e poden ser localizados. Non así os propios granulados, dos que admitiu que non poden ser recollidos na auga.

Ánxeles Vázquez, responsabilizou ao Goberno de "cada partícula" dos granulados que chegaron ás costas galegas por non poñerse a traballar desde o 8 de decembro, cando recibiu o aviso de Portugal.

Nunha comparecencia de prensa tras asistir a unha reunión técnica, a vicepresidenta insistiu en que o Goberno central coñeceu por un aviso de Portugal o 8 de decembro que un barco perdera seis contedores fronte ás súas costas.

A vicepresidenta explicou que nestes momentos hai 200 persoas traballando en 29 praias tratando de recoller os granulados que xa chegaron á terra, e que nos próximos días ese dispositivo se ampliará con cen persoas máis.

Ánxeles Vázquez asegurou que a Xunta considera que eses medios no litoral son suficientes, e que polo tanto non é preciso que axuda do Estado nese sentido.

Indo máis alá incluso, ofreceu os medios dos que dispón a administración galega para colaborar nos traballos de localización e interceptación dos sacos de granulados que están no mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade