A Xunta declara iniciativa prioritaria a fábrica de metanol verde de Mugardos
A Xunta declara iniciativa prioritaria a fábrica de metanol verde de Mugardos
Suporá un investimento de 130 millóns de euros e a creación de 120 empregos directos
A Xunta vai declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de Forestal del Atlántico para construir en Mugardos a primeira fábrica de metanol verde de España. Anunciouno hoxe o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, nunha visita ás instalacións da empresa na ría de Ferrol.
Forestal del Atlántico quere aproveitar a súa experiencia de 30 anos fabricando metanol para apostar por unha das enerxías do futuro: o metanol verde, que consiste en mesturar o hidróxeno que producen co CO2 que capturen da produción do hidróxeno. O proxecto chámase Triskelion e xa ten o apoio do Banco Europeo de Investimentos.
"Somos unha magnífica decisión para optimizar o investimento europeo en innovación e sostibilidade. Vai supoñer un investimento de 130 millóns de euros e creará 40 postos de traballo directos, ademais de 80 adicionais inducidos directamente con este proxecto", explicou Roberto Tojeiro, conselleiro delegado de Forestal del Atlántico.
A fábrica de metanol verde é un dos proxectos da candidatura galega aos fondos Next Generation para renovables. Polo de pronto, a Xunta vai darlle prioriade na tramitación dos permisos de construción.
"É unha iniciativa que a Xunta vai protexer, impulsar e coidar. E imos declarada de interese prioritario no Consello de mañá porque estamos convencidos de que é unha boa iniciativa para Galicia", defendeu Alberto Núñez Feijóo.
Prevén que a factoría estea en marcha no 2025.