Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta defende que a Lei do litoral achegará seguridade xurídica ao sector mar-industria

A Xunta defende que a Lei do litoral achegará seguridade xurídica ao sector mar-industria

Os resposables autonómicos de Mar e Medio Ambiente visitaron algunhas das instalacións do porto de Tragove que desataron o litixio do Goberno central

G24.gal 01/09/2023 14:32

O caso da empresa Linamar de Cambados, do grupo da matriz de Gula del Norte, é un dos que desataron o litixio xudicial entre a Xunta e o Goberno Central, á conta da duración das concesións. O Ministerio de Transición Ecolóxica considerou que non debería prorrogarse a estancia en terreos de dominio público a empresas que -coma a do porto de Tragove- puidesen facer a súa actividade lonxe da costa, unha decisión contestada pola propia empresa.

"Non se entende que as depuradoras teñan que estar nun porto, cando os miles de litros que consumimos fan inviable a nosa actividade nun polígono? Contaminarían moito máis os camións", argumentou a fundadora de Linamar, Lina Solla.

A vicepresidenta da Xunta e responsable de Medio Ambiente e o conselleiro do Mar visitaron este venres estas instalacións e dixeron que a lei galega permitirá sacar adiante novos investimentos.

"Galicia non se entende sen este sector mar-industria. Falamos dun 5 % do noso PIB", declarou Alfonso Villares, conselleiro do Mar.

Defenderon que a Lei do litoral corrixirá interpretacións xurídicas que consideraban demasiado restritivas.

"Interpretacións que son arbitrarias e non tiñan que ver coa Lei de costas. Ante esta inseguridade Galicia convértese nunha lei moi participada pero que saca adiante unha visión integral, desde o punto de vista social, económico e tamén medio ambiental", engadiu Ánxeles Vázquez, vicepresidenta da Xunta e conselleira de Medio Ambiente 

O sector mar-industria é declarado esencial na lei galega e a súa actividade é permitida en terreos de Costas sempre que se cumpran os parámetros ambientais.

Os responsables da Xunta expresaron a súa confianza en que a nova normativa contribúa a defender o mantemento dos postos de traballo vencellados ao mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos