A Xunta destina 1.55 millóns de euros para rehabilitar vivendas de titularidade municipal
A Xunta destina 1.55 millóns de euros para rehabilitar vivendas de titularidade municipal
O programa beneficia a concellos de menos de 20.000 habitantes
A Xunta destina máis de millón e medio de euros para rehabilitar máis de corenta vivendas de titularidade municipal.
Durante unha visita ás obras de rehabilitación dunha vivenda de mestre en Santiso, a conselleira de Medio Ambiente e Vivenda, salientou que desde 2017, ano da primeira convocatoria desta liña de subvencións, o Goberno galego leva concedidas axudas para 197 vivendas por un importe de máis de seis millóns e medio de euros.
O programa está pensado especialmente para os concellos de menos de 20.000 habitantes, co fin de que poidan ofrecer unha solución habitacional, en réxime de alugueiro, aos seus veciños.
As Administracións locais beneficiarias acceden a unha axuda que pode chegar ata o 90% do orzamento, ata un máximo de 40.000 euros; que no caso dos concellos cun centro histórico ou emprazado no Camiño de Santiago, pode alcanzar os 48.000 euros.