A Xunta destina 16 millóns para as contratacións de profesores axudantes doutores
A Xunta destina 16 millóns para as contratacións de profesores axudantes doutores
Serán 166 contratacións: 53 na Universidade da Coruña, 64 na de Vigo e 49 en Santiago
Os centros poderán crear esas prazas ata 2028
A Xunta destinará 16 millóns de euros para a contratación de profesores axudantes doutores nas tres universidades galegas. Faino seguindo as directrices e os cambios marcados polo Ministerio de Ciencia.
En total serán 166 contratacións: 53 na Universidade da Coruña, 64 na de Vigo e 49 en Santiago. Os centros poderán crear esas prazas ata 2028. Esta mañá os reitores abordaron a nova situación cos conselleiros de Educación e Facenda.
Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Ciencia e Universidades, explicou que "unha vez fixadas as cantidades económicas e as prazas, imos asinar un convenio Universidades, Ministerio e Xunta, e posteriormente as universidades terán que convocar as prazas pertinentes".