Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta destina 2,2 millóns en axudas a vivendas municipais e de persoas vulnerables

A Xunta destina 2,2 millóns en axudas a vivendas municipais e de persoas vulnerables

As achegas para vivendas de titularidade municipal amplíanse aos concellos de 30.000 habitantes 

A Xunta destina a estas axudas 1,8 millóns ata 2026

Ás subvencións do programa de infravivenda para axudar a persoas en situación de vulnerabilidade destínanse 370.000 euros

A conselleira de Vivenda, María M. Allegue, visita as obras de rehabilitación en Cartelle (Ourense)
G24.gal 18/01/2025 14:02 Última actualización 18/01/2025 15:12

A Xunta destina 2,2 millóns de euros ás axudas dirixidas á rehabilitación de edificios de titularidade municipal e de infravivenda.

A conselleira de Vivenda, María Allegue, canda o delegado da Xunta en Ourense, visitou dúas vivendas rehabilitadas con estas achegas en Cartelle e entregou unha delas a unha familia que a gozará en alugueiro.

As axudas para rehabilitar vivendas de titularidade municipal amplíanse aos concellos de 30.000 habitantes e a Xunta apoiará tamén o financiamento de proxectos de rehabilitación que inclúan obras de ampliación. Vivenda destina a esta liña de axudas 1,8 millóns ata 2026.

A conselleira de Vivenda destacou a aposta de Cartelle para recuperar antigas vivendas de mestres con estas axudas, tras visitar dous inmobles en Nogueiró e Espiñoso.

Ás subvencións do Programa de Infravivenda, dirixidas aos concellos de menos de 10.000 habitantes, destínanse 370.000 euros.

O obxectivo é axudar a persoas en situación de vulnerabilidade a sufragar obras que garantan as mínimas condicións de habitabilidade nas súas vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade