As autoridades francesas incautan 165 quilos de droga nun tractor na fronteira con España
As autoridades francesas incautan 165 quilos de droga nun tractor na fronteira con España
Foron detidas dúas persoas; os axentes descubriron no remolque paquetes con cocaína envolta en plástico
As autoridades francesas incautaron 165 quilos de droga na zona da localidade de Le Perthus, fronteiriza con España, transportadas nun tractor con remolque no que ían dous italianos, informou este venres a Aduana francesa.
Nun comunicado, indicou que a incautación tivo lugar o xoves, a última hora da mañá, nun control na peaxe de Le Boulou, sobre a autoestrada A9, no sentido desde España cara a Francia.
Durante a inspección do tractor, os controladores franceses interesáronse por cinco caixas de mudanza nos que descubriron paquetes cadrados que contiñan cocaína envolta en plástico, con diversas inscricións.
Os dous ocupantes do vehículo, un condutor e un pasaxeiro, quedaron detidos.