Lorenzana destaca o papel de Galicia no desenvolvemento das renovables na súa visita a Naturgy
Lorenzana destaca o papel de Galicia no desenvolvemento das renovables na súa visita a Naturgy
A compañía supervisa desde A Coruña 93 parques eólicos, 24 plantas fotovoltaicas e cinco de coxeneración
A compañía Naturgy opera desde A Coruña o control das enerxías renovables que produce en toda España. A Conselleira de Economía e Industria, visitou esta tarde as instalacións e salientou que son proba de que Galicia está no centro neurálxico do desenvolvemento das renovables e destaca os investimentos previstos por Naturgy na Comunidade.
Naturgy supervisa desde A Coruña 93 parques eólicos, 24 plantas fotovoltaicas e cinco de coxeneración. Iso en España; ademais, outros dous parques eólicos en México.
A Conselleira de Industria reuniuse cos responsables de enerxías renovables da compañía e dixo que o centro de control é un motivo de orgullo para o goberno galego. "Cremos que o que está facendo Naturgy en Galicia ten un inmenso valor, dende o punto laboral, por suposto, e do coñecemento e a innovación en enerxía renovable. Pero tamén por potenciar e visualizar que en Galicia temos esa capacidade para liderar todo o mercado das renovables", afirmou Lorenzana.
A curto prazo, Naturgy ten previsto investir 740 millóns de euros na repotenciación de tres parques eólicos.
Irma González, responsable de eólica, solar e coxeneración de Naturgy, apunta que esta acción "sírvenos para reafirmar o compromiso coa comunidade galega que ten a compañía, onde seguiremos investindo e facendo proxectos novos". "Este centro de control está preparado para integrar todas as novas instalacións de renovables que está a preparar Naturgy en toda España", engade.
Galicia é a terceira autonomía coa cota de xeración de enerxía renovable de España.