Cargando resultados...
Unha avaría deixa sen luz uns 2.000 veciños de Santiago durante dúas horas
Unha avaría deixa sen luz uns 2.000 veciños de Santiago durante dúas horas
O corte de luz afectou a zona desde as 10:00 horas deste luns
G24.gal
20/01/2025 11:56
Última actualización 20/01/2025 12:58
Unha avaría deixou sen luz na mañá deste luns uns 2.000 veciños do centro histórico e Ensanche de Santiago de Compostela durante preto de dúas horas.
Segundo informan fontes de Naturgy a Europa Press, a avaría foi detectada sobre as 10:00 horas deste luns e operarios arranxaron a avaría ás 11:48 horas.
Deste xeito, o servizo foi reposto despois de localizar o problema nun cable soterrado. Algúns hostaleiros e establecementos do centro histórico mostraron o seu malestar a Europa Press por este corte eléctrico.