A Xunta destinará oito millóns de euros en axudas para actividades extraescolares este ano
A Xunta destinará oito millóns de euros en axudas para actividades extraescolares este ano
Rueda explicou que o orzamento para esta liña de axudas, incluídas nos orzamentos da Xunta deste 2024, variará en función da demanda porque é a primeira vez que se convocan
A Xunta vai destinar este ano arredor de oito millóns de euros a axudas de actividades extraescolares para facilitar a conciliación. Anunciouno o xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, nun almorzo informativo este luns en Madrid.
Rueda explicou que o orzamento para esta liña de axudas, incluídas nos orzamentos da Xunta deste 2024, variará en función da demanda porque é a primeira vez que se convocan.
A preguntas dos xornalistas, o presidente da Xunta tamén falou da reunión de mandatarios autonómicos (Andalucía, Murcia, Valencia e Castela-A Mancha) en Fitur. Alfonso Rueda cre que este tipo de encontros "serán cada vez máis frecuentes" se o Goberno non convoca a Conferencia de Presidentes pedida polas comunidades do PP para falar de financiamento autonómico.