Cargando resultados...
A Xunta destina este ano 4,6 millóns a melloras en portos pesqueiros
A Xunta destina este ano 4,6 millóns a melloras en portos pesqueiros
Anunciouno a conselleira do Mar durante unha visita a Portosín
A orde das novas achegas publicarase a semana que vén no Diario Oficial de Galicia
No porto de Portosín, a Xunta investiu máis de 160.000 euros en melloras
G24.gal
02/01/2023 13:20
A Xunta destinará este ano 4,6 millóns de euros para melloras en lonxas e portosp esqueiros. Anunciouno a conselleira do Mar, Rosa Quintana durante a visita ao porto de Portosín, no que o seu departamento investiu máis de 160.000 euros en instalar placas solares fotovoltaicas e na adquisición dun guindastre para facilitar as descargas de peixe.
Rosa Quintana resaltou que nestes cinco anos destinaron 11 millóns de euros a apoiar un sector que terá que afrontar retos importantes este 2023. E que coas novas achegas se superarán os 15 millóns de euros en axudas.