Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta di que o acordo cos transportistas chega tarde

A Xunta di que o acordo cos transportistas chega tarde

A conselleira de Infraestruturas lembra que o paro continúa e fala de danos irreparables para moitos sectores

G24.gal 25/03/2022 12:47

Na Xunta cren que o acordo cos transportistas chega tarde, despois de doce días de mobilizacións e comparan as medidas coas de outros países europeos que se adoptaron hai semanas, aseguran.  

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, fala de danos case irreparables en moitos sectores, destacando o sector primario, aquí en Galicia.

E di que non chega unha desconvocatoria parcial do paro senón que debe ser total. E por iso pide ao Goberno que negocie con todos os transportistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade