Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta e a patronal alíanse para adaptar o perfil dos traballadores parados ás necesidades das empresas

A Xunta e a patronal alíanse para adaptar o perfil dos traballadores parados ás necesidades das empresas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda e a patronal galega asinaron este martes o acordo

G24.gal 12/07/2022 15:59

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este mediodía coa patronal galega un acordo que converte os empresarios en entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego.
Trátase dunha ferramenta inclusiva e de preparación dos demandantes de emprego ao que necesita o mercado laboral.
Un bo número de directivos de empresas presenciaron a sinatura do pacto de adhesión da Confederación de Empresarios de Galicia como colaboradora do Servizo Galego de Emprego. O presidente Alfonso Rueda e Juan Vieites rubrican un acordo que pretende que deixe de haber empresas que non encontran xente para contratar e traballadores no paro sen ofertas para o seu oficio.

"Conectar as necesidades reais dos empresarios coa situación do mercado de traballo, polo tanto que non haxa persoas buscando traballo e por un mal funcionamento do sistema que non o poidan atopar e que non haxa empresas buscando traballadores e que polo mesmo non os atopen. Polo tanto trátase de poñelos en conexión, facer cada vez máis exacta esa tarefa da administración de axudar as persoas sen emprego a que poidan telo e polo tanto hoxe arrincamos un novo sistema e necesitamos os empresarios como aliados", dixo Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

A Xunta calcula que a formación que actualmente se imparte cobre unicamente o 70% do que se demanda no mercado.

"Se somos áxiles e os empresarios se implican dunha maneira importante, que é o que esperamos dende a CEG, pois realmente imos ser pioneiros a nivel nacional e internacional coa mesma e iso significa que estamos casando esa oferta e a demanda. O que necesita a empresa poñelo a disposición por parte das administracións con esta ferramenta", engadiu Juan Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

A reunión con empresarios serviu tamén para que a Xunta lles presentara en detalle a Axenda galega de capacidade para o emprego.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade