A Xunta e o Concello de Santiago asinan o acordo para construír un aparcadoiro no CHUS
A Xunta e o Concello de Santiago asinan o acordo para construír un aparcadoiro no CHUS
A Xunta financia o 90 % das obras e o Concello o 10 %, dunhas obras que non empezarían antes de 2026
A Xunta e o Concello de Santiago pecharon hoxe o acordo para construír no CHUS un aparcadoiro, en superficie e soterrado, así como mellorar as vías de acceso ao complexo médico.
Preténdese así dotar dunhas mil prazas de aparcamento tanto para os profesionais do hospital como para os máis de 450.000 usuarios de toda a área sanitaria. A Xunta financia o 90 % das obras e o Concello o 10 %.
Tras a sinatura do protocolo, a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, declarou sentir "orgullo colectivo" porque "calquera acordo que se fai en colaboración entre distintas administracións é un paso adiante para beneficiar o conxunto da veciñanza".
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, tamén destacou o "esforzo de traballo, de diálogo e de orzamento que redundará en beneficio non só dos traballadores, dos usuarios do complexo hospitalario, senón da cidade de Santiago en xeral".