Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta e os sectores do agro e o transporte esixen ao Goberno que os defenda con maior contundencia

A Xunta e os sectores do agro e o transporte esixen ao Goberno que os defenda con maior contundencia

Piden unha posición firme ante a Unión Europea para tomar medidas con urxencia

G24.gal 02/02/2024 14:33

O Goberno galego reuniuse este venres con representantes dos sectores agrogandeiro e do transporte: están preocupados polos prexuízos derivados das protestas en Europa. A Xunta reclama a intervención do Goberno central para que defenda os seus intereses ante a Unión Europea. 

En Galicia non se convocaron protestas, coma xa noutros puntos da península, pero iso non quita que o sector agrogandeiro estea desgustado coa actual conxuntura derivada da PAC, que burocratiza e dificulta o traballo nas explotacións.  

Félix Porto, de Unións Agrarias, di que "hai problemas que están xerando moita crispación no medio rural froito dunhas directivas comunitarias cunha lexislación moi restritiva e sobre todo que incrementa moito os custes de produción".

Consellería do Medio Rural e organizacións agrarias coinciden en botar en falta unha posición máis contundente do Goberno central na defensa dos intereses galegos e españois.

O Conselleiro do Medio Rural, José González, asegura que "non pode ser que, fronte a declaracións como están facendo políticos franceses en relación con produtos agrogandeiros españois, o Ministerio de Agricultura non se posicione de xeito máis contundente. Eu, dende logo, condeno de forma categórica que se poida poñer en dúbida a nosa produción ecolóxica e agrogandeira".

Transportistas e a Xunta insisten en que hai que defender a libre circulación de vehículos. 

"Nos a través da consellería enviamos unha nota ao ministerio dicindo: escoite, aquí existe un problema e vostede é o representante do meu Goberno e terá que facer algo", di Ramón Alonso Fernzández, presidente da Federación Galega de Mercadorías.  

"Non recibimos ningunha resposta o que aínda é máis preocupante", lamenta Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Todos están de acordo en que é necesario meterlle presión á Unión Europea e tomar medidas con urxencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade