Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta Electoral detecta un posible delito no voto por correo da residencia de maiores de Castro Caldelas

A Xunta Electoral detecta un posible delito no voto por correo da residencia de maiores de Castro Caldelas

A investigación iniciouse por mor de que o PP presentou unha denuncia por supostas "irregularidades"

Residencia de maiores de Castro Caldelas (Imaxe: GoogleMaps) Residencia de maiores de Castro Caldelas (Imaxe: GoogleMaps)
EFE 26/05/2023 12:53

A Xunta Electoral de Zona da Pobra de Trives deu traslado ao xulgado de “posibles irregularidades na tramitación do voto por correo na residencia de anciáns de Castro Caldelas”.

Na resolución, a Xunta Electoral explica que “dada a data en que nos atopamos, na que xa non é posible exercer o voto por correo, e salvagardando o dereito constitucional ao voto, permítese" a unha serie de electores "acudir persoalmente á mesa 1-1-A e votar presencialmente”.

Con todo, as actuacións denunciadas serán remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Pobra de Trives para a incoación das correspondentes dilixencias previas por un suposto delito electoral.

A investigación iniciouse por mor de que o PP do concello ourensán de Castro Caldelas presentou unha denuncia por supostas "irregularidades" no procedemento de emisión e recollida de voto por correo neste municipio.

Na denuncia, os populares advirten de que teñen sospeitas de supostas "irregularidades no servizo postal nesta localidade durante o actual proceso electoral" e avanzan que "de confirmarse" solicitarán á Xunta Electoral que sexan descartados eses votos.

En concreto, pide que "non se remitan eses votos ás mesas electorais do consistorio" e se custodien os mesmos "ata que haxa unha resolución xudicial en firme" por presunta comisión de "un grave delito electoral". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade