Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta esíxelle ao Goberno central "servizos ferroviarios eficientes"

A Xunta esíxelle ao Goberno central "servizos ferroviarios eficientes"

A conselleira de Infraestruturas solicitou por carta ao Ministerio de Transportes unha xuntanza para tratar as incidencias, avarías e atrasos 

G24.gal 13/01/2024 15:05 Última actualización 13/01/2024 15:20

Tras o fallo eléctrico na estación da Coruña que provocou cancelacións e atrasos durante horas esta semana, a Xunta esixe ao Goberno central "solucións urxentes" ás incidencias que se están a producir no servizo ferroviario galego.

"O certo é que a incidencia que vimos na estación ferroviaria da Coruña é unha incidencia grave, que é a gota que colma o vaso", di Ethel Vázquez.

A conselleira de Infraestruturas enviou unha carta ao Ministerio de Transportes para que actúe, segundo di, ante as avarías "constantes" no tren do eixo Atlántico.

"Solicitamos unha xuntanza específica ao Ministerio de Transportes, a día de hoxe non temos resposta pero o que solicitamos ao Ministerio é planificación nos servizos ferroviarios para contar con servizos ferroviarios eficientes, dispoñibilidade de prazas, porque hai falta de prazas e tamén que se renove o material rodante; contamos en Galicia con trens obsoletos. O certo é que chove sobre mollado porque as incidencias e os atrasos son xa crónicos", destaca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade