Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta estende a toda Galicia as vantaxes do transporte metropolitano

A Xunta estende a toda Galicia as vantaxes do transporte metropolitano

Rueda explica que reducirá o billete aos habitantes de 119 concellos rurais

G24.gal 21/07/2022 18:46

Todos os concellos galegos poderán beneficiarse a finais de ano das vantaxes do transporte metropolitano.

O Consello da Xunta aprobou este xoves a creación da área de Transporte de Galicia, que implica estender as bonificacións a todos os concellos co obxectivo de dotar de servizos o rural para evitar o despoboamento.

Coa creación da Área de Transporte de Galicia, os veciños de 119 concellos de menos de 2.000 habitantes pasarán a ter automaticamente un desconto mínimo de 50 céntimos no prezo do billete e transbordos gratuítos por toda a comunidade autónoma.

A Xunta asumirá o 100 % do custo das bonificacións nestes municipios. Nos de máis poboación que se queiran adherir ao plan, o Goberno galego farase cargo do 80 % dos descontos.

"Imos seguir impulsando o transporte sustentable, e non só por estrada, porque queremos que queden integrados os servizos marítimos que cruzan a ría de Vigo e servizos ferroviarios pouco a pouco. Agora xa está o ferrocarril de vía estreita, o antigo FEVE, integrado na área de transporte de Ferrol", explicou o presidente da Xunta Alfonso Rueda.

As viaxes terán o mesmo prezo para os usuarios dun concello, á marxe do itinerario e dos autocares que se usen para chegar ao destino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade