Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bono Deporte pode descargarse a partir deste luns e ata o 29 de febreiro

O Bono Deporte pode descargarse a partir deste luns e ata o 29 de febreiro

A información sobre o bono está na web bonodeporte.gal e a Xunta agarda que beneficie unhas 140.00 persoas

Diríxese a familias con menores, de 6 a 16 anos, que teñan licenza federada ou do Programa Xogade

O vicepresidente primeiro da Xunta agarda manter unha xuntanza cos bombeiros comarcais a vindeira semana

G24.gal 07/01/2024 10:29 Última actualización 07/01/2024 18:35

As nais, pais e titores da rapazada de entre 6 e 16 anos que teña licenza federada ou do Programa Xogade poderán descargar o Bono Deporte da Xunta a partir deste luns 8 de xaneiro na web bonodeporte.gal.

É un bono cun importe de 120 euros cun desconto do 80 % en cada compra ou servizo adquirido dentro dos 700 establecementos adheridos a esta iniciativa. O importe deste bono reducirase en función do valor da compra realizada.

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, Diego Calvo, nunha entrevista na Radio Galega, dicía agardar que haxa entre "135.000 -140.000 beneficiarios" desta iniciativa en función do investimento destinado. 

O período de descarga vai do 8 de xaneiro ao 29 de febreiro, salvo que se esgote antes o orzamento. As compras poderán facerse ata o primeiro de xullo. 

"Coidamos que eses 135.000-140.000 beneficiarios que pode chegar a haber, polo orzamento do Bono Deporte, seguramente non chegarán a finais de febreiro para descargalo. Creo que antes do29 de febreiro se vai esgotar, polo menos a descarga. Outra cousa é que o executen ou que o gaste nos distintos establecementos".  

Conflito dos bombeiros comarcais

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte tamén se refería ao conflito dos bombeiros comarcais -xestionados polos consorcios provinciais compostos por Xunta e cada unha das Deputacións-, en folga dende o mes de xuño pasado.

Diego Calvo asegurou que na primeira semana de xaneiro lles trasladaron aos representantes dos bombeiros unha terceira proposta que Calvo cualifica de "xenerosa".

Segundo explicou, nela "equiparábanse os salarios como pedían eles, incrementábanse os salarios como pedían eles, en que se reducían as horas e se incrementaba o número de bombeiros".

Calvo dixo que foi "ben acollida" pero que tiña que ser discutida entre o colectivo de bombeiros e logo levalo ás asembleas polo que Calvo di agardar que "a semana que vén poidamos ter unha reunión e pechar definitivamente unha proposta".

Entrevista completa na Radio Galega
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade