Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta fomenta o benestar laboral a través do programa 'Responsabilízate'

A Xunta fomenta o benestar laboral a través do programa 'Responsabilízate'

Polo momento, adheríronse unhas 150 empresas e poden solicitarse ata o vindeiro 10 de marzo

G24.gal 20/02/2023 14:49 Última actualización 20/02/2023 15:11

A sostibilidade, a igualdade e o benestar laboral son valores fundamentais para unha economía próspera e competitiva. Sábeno ben en Krack Zapaterías, unha empresa pontevedresa que dá traballo a máis de 200 persoas e que ten máis de 60 tendas en todo o territorio nacional.

Marcelo Toural, xerente de Krack Zapaterías, asegura que dende a empresa intentan fomentar a sostibilidade; de feito apunta que traballan con varias marcas de calzado que están feitas por invidentes.

Ese compromiso social levou a Krack Zapaterías a sumarse ao programa Responsabilízate da Xunta, que ten como obxectivo impulsar no tecido empresarial galego o benestar laboral. A conselleira de Promoción do Emprego animou as pemes galegas a sumarse a este programa e puxo como exemplo a Krack Zapaterías.

Dende a Xunta lembran que hai unha liña de axudas para fomentar a igualdade, a conciliación e a responsabilidade social corporativa dotada con 1.4 millóns de euros. Poden solicitarse ata o vindeiro 10 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade