Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta habilita unha nova liña de autobús entre O Barbanza e Santiago

A Xunta habilita unha nova liña de autobús entre O Barbanza e Santiago

Busca facilitar os desprazamentos dos traballadores do Hospital Clínico e do Hospital de Conxo, ao tempo que dá servizo a outros usuarios

G24.gal 09/10/2023 14:51

Unha nova liña de bus comunica agora Ribeira cos hospitais de Santiago. A Consellería de Infraestruturas busca deste xeito facilitarlle o desprazamento aos traballadores do Clínico e do Hospital de Conxo, con horarios adaptados ás diferentes quendas, pero ademais esta ruta, que fai parada tamén na Pobra, en Boiro e Rianxo, tamén lles dá servizo a outros usuarios.

"Moi contento, é o primeiro día co autobús que nos deixa a unha hora axeitada diante do hospital para traballar. Antes había autobuses en que chegabamos ou unha hora e media antes ao hospital para traballar ou media hora despois", di un dos usuarios.

Esta nova liña funcionará de xeito ininterrompido con tres servizos de ida e tres de volta e achega moitas vantaxes aos usuarios. 

"A tranquilidade, menos accidentes e máis comodidade porque cando tes quenda de noite estás cansado. Ademais tamén é importante o aforro do gasóleo, as rodas e a contaminación tamén", sinala unha usuaria.

Esta liña súmase agora a outras conexións de transporte público cos hospitais como as que xa funcionan dende Noia, Outes ou Lalín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos