A Xunta investirá tres millóns de euros no acondicionamento das escolas infantís públicas
A Xunta investirá tres millóns de euros no acondicionamento das escolas infantís públicas
170 escolas infantís públicas autonómicas rematan esta semana o curso 23-24
Nalgunhas van comezar obras de remodelación e todas volverán abrir en setembro, para o que será o terceiro ano de gratuidade da educación infantil en Galicia
O curso 23-24 remata esta semana en todas as escolas infantís públicas autonómicas. Na escola O Toxo, de Pontevedra, a conselleira de Política Social anunciou tres millóns de euros para a acometer algunhas reformas necesarias nas 170 escolas da rede pública, ao tempo que lle entregaba a este alumnado tan especial unha orla.
"Escollemos esta escola infantil porque hai unha persoa, a súa directora, que hoxe remata un curso moi especial que pon fin a 38 anos de servizo, de dedicacion e de compromiso, e queremos darlle as grazas por estas case catro décadas de impecable traxectoria profesional", dixo Fabiola García, conselleira de Política Social
Luísa Pereira, a directora a piques de xubilarse, lembraba os comezos cando estas escolas cumprían unha función asistencial para os nenos das familias con dificultades, e celebrou a universalización e a renovación pedagóxica nesta crucial etapa educativa.
"É totalmente vocacional, e tes que ter un equipo moi bo para que funcione, desde educadoras, limpadoras, cociña...", explicou Luísa Pereira, directora da escola infantil O Toxo.
Luísa, que Asistiu á intranquilidade de moitos pais e nais cando deixaban con ela os pequenos nos primeiros meses, asegura que se vai encantada de lograr a súa confianza.