Cargando resultados...
A Xunta oferta para este verán 11.500 prazas en campamentos e campos de traballo
A Xunta oferta para este verán 11.500 prazas en campamentos e campos de traballo
Incorpóranse á oferta campamentos en Boiro, Santiago, Allariz e Becerreá
G24.gal
08/04/2024 14:45
A Xunta presentou a súa oferta de campamentos de verán, cun récord de prazas. Serán 11.500, 300 máis que na pasada edición. O prazo para solicitalas comeza o vindeiro mércores 17 de abril, tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e remata o día 30 do mesmo mes.
A conselleira de Política Social en funcións explicou que esta convocatoria inclúe novos campamentos e campos de voluntariado.
"Incorporamos 300 prazas máis con respecto ao ano pasado, en total 1.500 prazas e iso conseguímolo coa posta en funcionamento de catro novos campamentos de verán: un en Boiro, outro en Santiago (no Monte do Gozo), outro en Allariz e outro en Becerreá", dixo Fabiola García.